Pataquinha

Pataquinha

domingo, 27 de outubro de 2013

24 DE OCTUBRE

O día 24 de Octubre foi o día das Bibliotecas Escolares .
Pataquiña propuxo os nenos que fixeran lemas para convidar os demais a leer.
Ademais na vindeira semana os nenos e nenas voluntarias farán unha actividade que os ten moi ilusionados .
Farán unha lectura  para os seus compañeiros. Serán lecturas de bruxas coincidindo co tempo do Samaín.


O lema  deste ano e "Ler ciencia na biblioteca escolar".

xoves, 17 de outubro de 2013

LEMAS

O día 24 de Outubro é o día internacional das Bibliotecas Escolares .
Dende a biblioteca, temos en marcha o seguinte proxecto:
"Pedimos os nenos e as familias un tempo de reflexión para escribir un lema que convide a todos a ler"
Deixámosvos esta curtametraxe sobre o valor da lectura e como un libro pode servir para fuxir da realidade.







CONCURSO DE CONXUROS

Pataquiña invitavos a que participedes nun concurso de conxuros.
Nos vindeiros días celebraremos a festa do Samaín e por eso queremos aprender conxuros novos.
Os traballos terán que ser presentados en equipos e o equipo gañador recibirá un premio terrorífico e ademais terá a sorte de ser presentado no noso blog de biblioteca como o equipo máis terrorífico de todo o cole.
Para que vaiades practicando PREMER AQUÍ



luns, 14 de outubro de 2013

XA VEN O SAMAIN

 Pataquiña  ten pendado convocar un concurso de conxuros para festexar a festa do Samaín.
Os voluntarios e voluntarias da biblioteca están axudando.
Mentras Pataquiña quere que saibades a orixe desta  festa

Dibujo Paisaje de Halloween pintado por SAMAIN


O "Samain", representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.O fin do verán e o principio do inverno.

Na antigua cultura céltica o tempo de Samaín , especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o periodo máis importante do ano .
Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros.
Esta festa ten unha antiguedade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
 Na noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos desaparece.
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espiritos ruíns os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.

Pataquiña estivo selecionando algún recursos interesantes para que xoguedes, e aprendades que é o Samaín. PREMER AQUÍ:
Ademais tamén podedes curiosear alguns xogos, historias e canción de Halloween (festa inglesa de certo parecido co samain).PREMER AQUí:



Disfrutade con este LIM !!!


PREMER AQUÍ LIM: UN SAMAIN DE CONXUROS




xoves, 10 de outubro de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

A partir do vindeiro Venres tódolos nenos poderán levar as suas casa as mochilas viaxeiras.
Un grupo de voluntarios estivo hoxe repartindo.
O equipo de biblioteca e Pataquiña ,  desexamos que disfrutedes das lecturas e fagades moitas suxerencias novas.Un saúdo.


FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS

Os nenos de 1º visitan a biblioteca para aprender como funciona e poder a partir de agora ser 
 bos usuarios