Pataquinha

Pataquinha

venres, 29 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ 2016


O Venres día 29 celebramos todos xuntos o día da Paz.
Todos os nenos do cole, coa axuda do profe Gonzalo escribimos e puxemos música a esta bonita canción que fala de igualdade: "Xuntos no camiño"
Cantade con nós !!!









Ademais durante toda a semana xuntámonos na biblioteca e nas clases e, grazas os nenos de 6º de Primaria  que foron os que elaboraron un Power Point das "Patronas mexicanas",  puidemos aprender máis cousas destas mulleres e da súa xenerosidade







mércores, 13 de xaneiro de 2016

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

O vindeiro día 30 de Xaneiro celébrase o día escolar pola Paz e a non violencia.
Para conmemoralo , este ano imos recordar e homenaxear a "Las Patronas mexicanas", persoas que desenrolan unha importante labor humanitaria ao servizo dos emigrantes indocumentados que atravesan o territorio mexicano no paso cara aos Estados Unidos.

  Ver documental Aquí
                       

Ademais Pataquiñas quere que escoitedes atentamente esta canción
e  que reflexionedes coa súa  letra.